Condicións de uso.


LIMDrop é un servizo web que facilita o almacenamento dos seus arquivos na súa conta de DropBox.

Se vostede utiliza este servizo está aceptando as seguintes condicións:

1.- LIMDrop é un servizo de envío de libros-LIM a DropBox, non é un servizo de administración da súa conta, non pode ver os seus arquivos porque non ten capacidade para entrar no seu espazo en DropBox.

2.- LIMDrop envía os arquivos que vostede indica á súa conta de DropBox, ademáis inclúe un arquivo de texto cos códigos de publicación dos seus libro-LIM nun blog, wiki, Drupal e outros.

3.- Nós non nos facemos responsables do contido de eses arquivos, non se revisan nin modifican, somentes se descomprime o arquivo ZIP para enviar o seu contido.

4.- Nós non nos facemos responsables dos erros de funcionamento de DropBox.

5.- Vostede autoriza a LIMDrop a copiar temporalmente en chiscos.net, para facilitar o envío a DropBox, os seus arquivos.

6.- LIMDrop non garda a súa información de usuario nin o seu contrasinal.

7.- Se vostede non indica o nome dun cartafol, LIMDrop enviará os ficheiros ao cartafol co mesmo nome do seu arquivo ZIP. No caso de que non exista o cartafol, LIMDrop crearaa. Se o cartafol xa existe, pode ocurrir que se substitúan os arquivos antigos polos novos. DropBox permítelle recuperar os seus ficheiros durante os 30 días posteriores ao seu borrado.

8.- LIMDrop só envía arquivos ao seu cartafol público, non aos seus cartafois privados.

9.- Este servizo depende do funcionamento de DropBox, calquera cambio na política, deseño, programación, etc.  de DropBox pode afectar ao funcionamento de LIMDrop.

 

LIMDrop non ten ningunha relación contractual ou comercial con DropBox.


Dropbox é unha marca rexistrada , consulte as súas condicións de uso en https://www.dropbox.com/terms.

Fran Macías franmate[arroba]gmail.com
Novembro de 2010