1
A QUE SABE A LÚA?
CEIP DE PAZOS

HABÍA MOITO TEMPO QUE OS
ANIMAIS ANDABAN A MATINAR
A QUE SABÍA A LÚA.
ERA DOCE OU SALGADA?
SÓ QUERÍAN PROBAR UN ANACO
PEQUENO. POLAS NOITES,
MIRABAN ANSIOSOS PARA O CEO.
ESTARRICÁBANSE E ESTIRABAN
O PESCOZO, AS PERNAS E OS
BRAZOS, TENTANDO COLLELA.
ERA TODO EN BALDE, E MESMO
O ANIMAL MÁIS GRANDE NON FOI
QUEN DE TOCALA.

UN BO DÍA, A PEQUENA
TARTARUGA DECIDIU
SUBIR Á MONTAÑA
MÁIS ALTA PARA ASÍ
PODER CHEGAR Á LÚA.

DESDE ALÁ ARRIBA, A LÚA ESTABA MÁIS PRETO; PERO, AÍNDA ASÍ, A TARTARUGA NON PUIDO TOCALA.

ENTÓN, CHAMOU POLO ELEFANTE.

- SE SOBES AO MEU LOMBO, POIDA QUE CHEGUEMOS ONDA ELA.

A LÚA PENSOU QUE SE TRATABA DUN XOGO. E, CONFORME O ELEFANTE SE ACHEGABA, ELA ARREDOUSE UN POUCO.

COMO O ELEFANTE NON PUIDO TOCAR A LÚA FOI CHAMAR POLA XIRAFA.

- SE SOBES ENRIBA DO MEU LOMBO, AO MELLOR ALCANZÁMOLA.

PERO, AO VER A XIRAFA, A LÚA SUBIU ALGO MÁIS. E A XIRAFA, MALIA ESTIRAR E ESTIRAR O PESCOZO, TAMPOUCO ACADOU O SEU PROPÓSITO.

E CHAMOU POLA CEBRA.

- SE TES POS ENRIBA MIÑA, QUIZÁ CHEGUEMOS MOI PRETO DELA.

A LÚA COLLÉRALLE GUSTO AO XOGO E VOLVEU SUBIR OUTRO CHISCO. A CEBRA ESFORZOUSE MOITO MOITO, PERO NON PUIDO TOCAR A LÚA.

E CHAMOU POLO LEÓN.

- SE SOBES AO MEU LOMBO, QUIZÁ CHEGUEMOS A ELA.

E, CANDO A LÚA AVISTOU O LEÓN, APARTOUSE, DE NOVO, UN ANACO.

TAMPOUCO ESTA VEZ CONSEGUIRON TOCAR A LÚA, E CHAMARON POLO RAPOSO.

SE SOBES AO MEU LOMBO, CONSEGUIRÉMOLO, SEGURO .

AO ALBISCAR O RAPOSO, A LÚA VOLVEU SUBIR OUTRO POUQUIÑO. FALTABA UN ANACO DE NADA PARA CHEGAR, PERO A LÚA COMEZOU A ESVAECERSE MÁIS E MÁIS.

E O RAPOSO CHAMOU POLO MONO.

- SEGURO QUE O LOGRAMOS DESTA VEZ. ANDA, SUBE ENRIBA MIÑA!

A LÚA, NADA MÁIS VER O MONO, RECUOU OUTRO POUCO. O MONO XA PODÍA CHEIRALA; PERO, DE TOCALA, NIN FALALO!

E CHAMOU POLO RATO.

- SUBE ENRIBA DO MEU LOMBO. VERÁS COMO O CONSEGUIMOS.
A LÚA VIU O RATO E PENSOU:
- UN ANIMAL TAN PEQUERRECHO NON ME PODERÁ COLLER.
E, COMO EMPEZABA A ESTAR ABURRIDA DAQUEL XOGO, A LÚA FICOU ONDE ESTABA.
ENTÓN, O RATO SUBIU POR ENRIBA DA TARTARUGA, DO ELEFANTE, DA XIRAFA, DA CEBRA, DO LEÓN, DO RAPOSO, DO MONO E ...

... DUNHA DENTADA, ARRINCOU UN ANAQUIÑO DE LÚA. SABOREOUNO COMPRACIDO, E LOGO FOI DÁNDOLLE UN BOCADO AO MONO, AO RAPOSO, AO LEÓN, Á CEBRA, Á XIRAFA, AO ELEFANTE E Á TARTARUGA.
E A LÚA SÓUBOLLES TALMENTE A AQUILO QUE MÁIS LLES GUSTABA A CADA UN DELES.

ESA NOITE, DURMIRON TODOS MOI XUNTOS.

O PEIXE, QUE O VIRA TODO, NON ENTENDÍA NADA E DIXO:

- VAICHE BOA! TANTO ESFORZO PARA CHEGAR Á LÚA, ALÁ ARRIBA NO CEO. NON VERÁN QUE AQUÍ ABAIXO, NA AUGA, HAI UNHA MÁIS CERCA?




E COLORÍN , COLORETE, POLA CHEMINEA SE ESCAPA UN FOGUETE.

FIN