1
CELEBRAMOS O NADAL

A colocación do pino de nadal provén da cultura celta onde soía celebrarse a chegada do inverno colocando unha árbore -xeralmente un abeto- no centro do pobo adornado con cáscara e ovo pintadas.

En España foi a dona de Carlos III quen levou á Corte unhas figuriñas de porcelana procedentes de Nápoles e que representaban o Nadal. Prendado deste nacemento, o monarca mandou traer un Belén completo para o seu fillo e mandou crear unha fábrica de porcelana.

Sir Henry Cole, na Inglaterra do ano 1843, instaurou a tradición de enviar unha tarxeta de felicitación das festas nadaleiras. Desde entón, e con variados motivos relacionados cos costumes nadaleiros, envíanse milleiros de felicitacións cada ano.

Cada vez máis estase introducindo o costume de recibir regalos de Papá Noel durante o día de Nadal. Pero,¿quen é Papá Noel?
Papá Noel , tamén chamado San Nicolás, ten o seu taller de xoguetes na Colina da Orella (preto de Rovaniemi, en Finlandia), que recibe este nome porque, dende alí, pode oír a todos os nenos do mundo e saber que xoguetes queren e si se portan ben ou mal. Os elfos o axudan na fabricación dos xoguetes pero el mesmo e o que se encarga de repartilos, montando no seu trineo tirado por oito renos liderados por Rudolf, o reno do nariz vermello.


Durante a madrugada do día 6 de xaneiro, os Reis Magos acuden ás casas dos nenos e nenas para deixarlles os seus regalos.Unha das cousas esixidas polos Tres Reis para poder recibir os seus agasallos é que se portaran correctamente e foran bos durante todo o ano pois senón en lugar de xoguetes deixan carbón doce como aviso de que teñen que cambiar de actitude.