1
Día da non Violencia e da Paz
Os días D e as semanas S

Cada 30 de xaneiro celebramos este día, adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

Nesta unidade aprenderemos:

  • O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.
  • Un percorrido histórico e contextualización.
  • Habilidades de resolución de conflictos.
  • Como afrontar os conflictos que nos afectan.
  • A distinguir conflicto de violencia.
  • O significado da tolerancia e respectar as ideas dos demáis aínda que non as compartamos.
  • Respecto e empatía cara as vítimas de calquera tipo de violencia.
  • As iconas da paz no mundo.

    Mahatma Gandhi (1869-1948) foi un político e fundador do moderno estado indio e defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

    Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias.

  • Renunciou a facerlle dano a ningún ser vivo, era vexeariano e respectaba todos os credos relixiosos.

  • Protestou contra as leis opresoras mediante a resistencia pacífica e desobediencia civil.

  • Ghandi foi encarcelado en moitas ocasións, unha delas xunto á súa esposa durante dous anos quen morreu no cautiverio.

  • Chegou a escribirlle unha carta a Hitler abogando pola paz.

  • O 30 de xaneiro de 1948 Gandhi foi asasinado por defender esta cultura da paz e a non violencia.


  • En contra do que moitos pensan, Ghandi nunca recibiu o Nobel da Paz a pesares de estar cinco veces normiado entre 1937 e 1948.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Martin Luther King Jr. naceu o 15 de xaneiro de 1929 en Atlanta. Fillo mediano de tres irmás produto do matrimonio entre Martin Luther King Sr. e Alberta Williams King. O seu nome foi orixinariamente Michael King Jr, nome natal do seu pai.

    Ao viaxar a súa familia a Alemaña, o seu pai decide cambiar o seu propio nome e o do seu fillo en honor ao teólogo agustino Martín Lutero, pasando a ser Martin Luther King.

    Aos 15 anos ingresa na Morehouse College, universidade para xoves afroamericanos para estudar socioloxía, e tres anos máis tarde graduouse. Múdase ao noreste do país para manter estudos de posgrado e así especializarse en teoloxía.

    Consegue o grado de doutor 4 anos máis tarde pola universidade de Boston. E en 1954, cando só tiña 25 anos, foi nomeado pastor da Igrexa baptista de Dexter Avenue en Montgomery, Alabama.

    En 1955, debido ao arresto dunha muller negra que non cedeu o seu asento nun autobús a un home blanco, decidiu iniciar unha protesta non violenta cara a segregación racial sostida na súa cidade.

    Usando a influencia que tiña como pastor, animou á poboación negra de Montgomery a non usar o transporte público ata que esas expresións racistas se erradicaran. Ao cumprirse un ano de esta protesta declarase ilegal o racismo no transporte público.

    Este trunfo en Montgomery convertiu a Martin Luther King no símbolo de loita pola igualdade racial por todo el país, e cada vez eran máis os seguidores e promotores que se uniron á súa causa.

    En 1963 dirixiu xunto con outras 250 000 persoas, unha marcha por Washington na que defendeu as condicións dunha vida en igualdade da población negra do sur do país. Nesta protesta non violenta recitou o seu famoso discurso «I have a dream».

    Recibiu o Premio Nobel da Paz o 14 de outubro de 1964, con tan só 35 anos de idade e actualmente aínda é a persoa máis xoven en recibir esta gran distinción.

    Tras recibir o Premio Nobel da Paz, Martin Luther King continuu na súa loita pola equidade para coa raza negra, ata o 4 de abril de 1968 cando foi asasinado por James Earl Ray nun motel de Memphis.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Escribe un diario do primeiro día de clase de Dorothy Counts. Investiga previamente sobre a súa vida e o que lle aconteceu. Quen foi?... Como se sentiu?... Por que os seus compañeiros e compañeiras se mofaban dela?...

    Despois de ter investigado todo o sucedido en Carolina do Norte no Harding High School Harry o 4 de setembro de 1956, en equipos de 3 membros tedes que analizar o comportamento con Dorothy Counts de unha de estas persoas ou colectivos. Os resultados deberedes expoñelos na clase:

  • Os seus compañeiros e compañeiras.
  • Os profesores e profesoras.
  • A muller de John Z. Warlick, líder dunha asociación supremacista branca.
  • Os pais.
  • O fotógrafo que tomou as imaxes durante ese primeiro día (Douglas Martin).
  • Os medios de comunicación (prensa, radio, televisión)


  • Rosa Parks , nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama), e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.

    No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer ao chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.

    En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unha vaga de protestas contra a segregacion.

    Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nun símbolo do movemento de dereitos civís.

    En grupos de 4 alumnos e alumnas teredes que elaborar un guión e repartir os papeis para representar a negativa de Rosa Parks a cederlle a un home branco o seu asento.

    Os roles a desempeñar poden ser:

  • Rosa Parks
  • O condutor do autobús
  • O pasaxeiro de raza branca que reclama o seu asento
  • Un axente de policía

  • Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Nelson Mandela naceu o 18 de xullo de 1918 en Mvezo. Pertence ao grupo étnico Xhosa e é parte da casa de Tembu. Foi o primeiro presidente de raza negra elexido por voto universal e libre.

    Presidiu Suráfrica durante catro anos: 1994 a 1999. Foi avogado e político que combatiu o apartheid en Sudáfrica. Durante o seu goberno, as súas accións estiveron dirixidas a deconstruir a estrutura da política de segregación social que mantivo sometidos aos surafricanos.

    Estudou inglés, historia e xeografía, ademáis asistiu a unha misión dos metodistas onde aprendeu o rechazo á doctrina da predestinación e abraza a idea do servizo mutuo.

    Entre 1951 e 1952, Mandela presidiu a Liga da Xuventude do Congreso e dende alí comezou a organizar campañas para derrotar o segregacionismo. En 1952, Mandela subiu á presidencia da Federación do Congreso Nacional Africano.

    Estudou Dereito e continuou os estudos de inglés, antropoloxía e política.

    Casou tres veces: con Evelyn Mase (coa que tivo 4 fillos), con Winnie Mandela e con Graça Machel.


    En 1961 cando o Congreso Nacional Africano respostou con boicoteos ás agresións do governo, Mandela foi acusado e levado a prisión pero, saiu en liberdade por falta de probas. En 1962 viaxou por varios países africanos recollendo fondos para a causa.

    En 1963, foi culpado de sabotaxe, traición e conspiración violenta e condenado a cadea perpetua, sen embargo, estivo 27 anos preso, xa que en 1990, o presidente Frederik de Klerk liberouno, legalizou o Congreso Nacional Africano e comezou a desmontar a segregación racial.

    En 1993 obtén o Premio Nobel de la Paz, compartido co presidente Frederik de Klerk e en 1994, chega á presidencia iniciando o Plan de Reconstrución e Desenvolvemento, centrándose en educación, vivenda, saúde e emprego. Tamén impulsou a redacción dunha nova Constitución.

    Falece o 5 de decembro de 2013 en Houghton, Johannesburgo, Sudáfrica.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Tenzin Gyatso naceu 1935 no poboado de Takster, no norleste do Tíbet.

    Criouse no seno dunha familia de campesinos.

    Con dous anos de idade foi recoñecido como a reencarnación do seu predecesor.

    Os Dalai Lamas son a manifestación do Buda da Compaixón quen escolleu renacer para servir á humanidade.

    Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet de aí que sexa considerado un referente da espiritualidade e da paz.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    John Lennon Stanley naceu o 9 de outubro de 1940, en Liverpool (Gran Bretaña).

    Estudou no Instituto de Arte de Liverpool, pero a súa indisciplina e rebeldía provocaron que fora expulsado.

    En 1956 fundou a banda The Quarrymen, que en 1960 pasou a chamarse The Beatles. Os seus membros definitivos foron Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, sendo un dos grupos máis famosos do momento.


    En 1962 casou con Cynthia Powell, con quen tivo un fillo: Julian. En 1967 divorciouse de ela e casou con Yoko Ono en 1969. Nese ano tamén se disolveu o grupo The Beatles.

    Desde 1970, Lennon foi solista e tivo varios éxitos, entre eles a famosa canción "Imágine" (1971).

    O 8 de decembro de 1980, foi asasinado a balazos por un fanático preto do seu apartamento en Nova York.

    Lennon é considerado unha das grandes iconas da paz. Tras casar con Yoko realizou varias protestas contra a Guerra do Vietnam. A máis sonada foi "Bed in for Peace" (encamados pola paz).

    Levantar a voz contra la guerra. Esa foi a decisión que tomou John Lennon en varias das súas cancións. En Imagine soñou un mundo onde non había razóns para matar ou morrer pero sería Give Peace a Chance a que se convertiría nun himno pacifista.

    Imagine there's no heaven
    It's easy if you try
    No hell below us
    Above us only sky
    Imagine all the people
    Living for today (ah ah ah)
    Imagine there's no countries
    It isn't hard to do
    Nothing to kill or die for
    And no religion, too
    Imagine all the people
    Living life in peace
    You may say that I'm a dreamer
    But I'm not the only one
    I hope someday you'll join us
    And the world will be as one
    Imagine no possessions
    I wonder if you can
    No need…

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    A imaxe dunha pomba branca levando un ramo de oliveira no seu bico ten unha orixe milenaria e está fortemente ligada á cultura xudeo-cristiana.

    No Vello Testamento Noé lanza unha pomba branca co fin de atopar terra tras a inundación no Diluvio Universal. Ao cabo dun tempo, a pomba regresa á Arca cun ramo de oliveira no seu bico significando que a inundación rematara e de novo reinaba a paz na humanidade.

    Segundo esta simboloxía: a pomba branca pode representar dous tipos de mensaxe:

  • Se se representa cun ramo de oliveira no seu bico simboliza o desexo de manter a paz xa acadada;
  • Se se simboliza voando, como por exemplo nos actos onde se lanza unha pomba branca ao aire, indica o desexo de acadar a paz enviando un mensaxeiro que a transmita.
  • Este símbolo remóntase á Antiga Grecia. Representa a paz e a fin do conflicto. Era usada polas noivas e tamén polos gañadores olímpicos.

    A súa orixe está na mitoloxía, cando a deusa Atenea loita co deus Poseidón. No enfrentamento, Poseidón creou un pozo de auga e Atenea unha oliveira. A poboación valorou moito máis a oliveira.

    No cristianismo relaciónase coa pomba, como comentamos anteriormente.

    O CDN -símbolo da Campaña de Desarme Nuclear- popularizouse nos anos 60 e 70 especialmente no Reino Unido, tras comezar a ser utilizado contra a guerra en xeral polo movemento hippie e as protestas contra a Guerra de Vietnam ao longo do mundo.

    Foi deseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema dunha das maiores marchas antinucleares da historia.

    Posible interpretación: As liñas inferiores representan a pata da pomba branca e a forma circular a Tierra, simbolizando de este xeito a paz mundial.

    A importancia do movemento hippie foi fundamental na década de 1960, durante o punto máis quente e tenso da Guerra Fría. Xogaron un papel fundamental no rendimento dos Estados Unidos en Vietnam.
    Festivais musicais como Woodstock serviron para diseminar unha mensaxe de paz e amor por todo o mundo.
    O movemento hippie creou unha rica subcultura ao seu redor, con un conxunto de vestimentas únicas, música e arte.

    Sadako Sasaki era un neno de 2 anos que padeceu leucemia debido ás radiacións da bomba atómica de Hiroshima. Dedicou os seus últimos días a construir grúas de origami. Unha creencia xaponesa dí que se lle concede un desexo a aquel que cree 1000 grúas de papel. A súa historia fixo que Xapón adoptase esta grúa como símbolo da paz.


    Este símbolo usábase polos combatientes da resistencia nos territorios ocupados polos alemáns como símbolo de camaradería e forza.

    Trátase de facer unha V cos dedos índice e o dedo maior, é dicir, a primeira letra da palabra victoria en francés, flamenco e inglés (Victoire, Vrijheid y Victory).


    O asasinato do ex presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Tomás y Valiente, en 1996 provocou unha gran manifestación de repulsa contra a violencia. En dito encontro, os estudiantes denunciaron a situación coas mans pintadas de branco.

    Emprégase tamén como símbolo do voluntariado.