1
Mulleres que fixeron historia
8 marzo

Ilustración de Mónica Carretero para cartel 8 marzo de FETE UGT

Neste libro imos coñecer a mulleres relevantes na historia mundial.
Mulleres que loitaron contra a discriminación.
Mulleres guerreiras, aventureiras e loitadoras.
Mulleres que sobresairon nun mundo de homes.
Mulleres que defenderon inxustizas.
Mulleres intelixentes, tenaces e valentes.
Son só unha pequena escolma, por suposto non están todas as que son, pero son, todas as que están.

Belén Junquera



Hipatía de Alejandría
(Exipto 350 AC)
Foi a primeira muller matemática da historia,
filósofa e maestra.

Trótula de Salerno
(Salerno s.XI)
Foi unha doutora italiana que escribiu importantes traballos sobre medicina feminina.

Grace O'Malley (Irlanda, 1530) Coñecida como Gráinne O'Malley foi muller pirata e figura histórica da Irlanda do século XVI.
Convertiuse no pesadelo da poderosa raiña Isabel I de Inglaterra asaltando calquera nave inglesa que se puxera ao alcance.

María Mayor Fernández de Cámara y Pita (Cambre, 1565), coñecida como María Pita, foi unha heroína na defensa da Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo corsario Francis Drake.

Mary Wollstonecraft
(Inglaterra, 1759)
Filósofa e escritora británica.
Foi capaz de establecerse como escritora profesional e independiente en Londres,
algo inusual para a época.
Co seu ensaio "Vindicación dos dereitos da muller" (1792), estableceu as bases do feminismo moderno.

Mary Wollstonecraft Godwin (Londres, 1797), coñecida como Mary Shelley, foi narradora, dramaturga, ensaista, filósofa e biógrafa británica, recoñecida sobre todo por ser a autora de Frankenstein. O seu pai foi o filósofo político William Godwin e a súa nai a filósofa feminista Mary Wollstonecraft.

Ada Byron (Londres, 1815)
Coñecida como Ada Lovelace, foi unha matemática británica.
Considerada a primera programadora, deduxo e preveu a capacidad dos ordenadores máis alá dos simples cálculos de números. O seu pai foi Lord Byron.

Concepción Arenal
(Ferrol, 1820)
Foi unha importante escritora española realista vinculada ao pioneiro movemento feminista de finais do século XIX.
Vestida de home asistiu á Universidade (que estaba vedada ás mulleres) e participou en tertulias politicas e literarias.

Marie Curie (Varsovia, 1867)
Foi unha química e física polaca, nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radiactividade, foi a primeira persoa en recibir dous Premios Nobel, a única en recibilos en distintas especialidades (Física e Química) e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.

Mileva Maric (Serbia, 1875)
Foi matemática e a primeira muller de Albert Einstein.
Foi a súa compañeira, colega e confidente.
Moitas teorías indican que foi decisiva nos descubrementos do seu marido.

Hellen Keller
(Alabama, 1880)
Exemplo de constancia, valentía e superación.
Foi escritora, invidente e sordomuda.
Cos seus escritos e discursos mostrou a millóns de persoas que a discapacidade non signifca a fin do mundo.

Virginia Woolf
(Londres, 1882)
Novelista, ensaista, escritora de cartas, editora, feminista e escritora de contos británica, considerada como unha das máis destacadas figuras do modernismo literario do s. XX.

Amelia Earhart
(Kansas, 1897)
Foi a primeira muller en cruzar dúas veces o Atlántico, unha en 1928 voando como pasaxeira e outra en 1932 voando en solitario, e a primeira muller en cruzar voando en solitario os Estados Unidos.

Irena Sendler (Varsovia, 1910)
Coñecida como «O anxo do Gueto de Varsovia», foi enfermeira e traballadora social polaca. Durante a Segunda Guerra Mundial axudou e salvou a máis de 2500 nenos xudeus, arriscando a súa propia vida. Foi candidata ao Premio Nobel da Paz en 2007, aínda que non resultou elexida.

Valentina Tereshkova
(Rusia, 1937)
Primeira muller da historia en viaxar ao espazo exterior.
O seu nome en clave durante a misión foi Chaika (gaivota)

Wangari Maathai
(Kenia, 1940)
Activista política e ecoloxista. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz polas «súas contribucións ao desenvolvemento sostible, á democracia e á Paz». Foi a primeira muller africana que recibiu este galardón.

Aung San Suu Kyi (Birmania, 1945)
É unha política activista birmana. Figura emblemática da oposición contra a dictadura militar. En 1991 concedeuselle o Premio Nobel da Paz pero a Xunta Militar birmana non a deixou saír do país, tivo que esperar a xuño de 2012 para recollelo en Oslo.

Gabriela Brimmer
(México, 1947)
Activista pro dereitos dos discapacitados e escritora mexicana.
Naceu con parálise cerebral, pero coa súa perseverancia, tesón e coraxe conseguiu entrar na universidade.

Rigoberta Menchú (Guatemala, 1959)
Líder indíxena membro do grupo maya quiché, defensora dos dereitos humanos; embaixadora de boa vontade da UNESCO e gañadora do Premio Nobel da Paz (1992) e do Premio Príncipe de Asturias da Cooperación Internacional (1998).

Ellen MacArthur
(Inglaterra, 1976)
No 2005 batiu o record mundial de navegación en solitario ao redor do mundo máis rápida.
Estivo 71 días soa no seu barco.



Información recollida da wikipedia.

Imaxes de internet e a wikipedia.