O Entroido en Ourense
BOTEIROS
EN VILARIÑO DE CONXO
Levan unha máscara que ten dúas partes: a careta e a pantalla.
No seu rostro márcanse os beizos, os ollos e as meixelas.
A decoración da pantalla é con motivos vexetais en formas xeométricas.
Están feitas con papel maché e cartón duro acharolado. Os motivos da pantalla están feitos con papel de seda.
BOTEIROS TORRE
EN VIANA DO BOLO
Levan unha máscara que ten dúas partes: a careta e a pantalla.
No seu rostro destaca un gran sorriso que contrasta coa cor negra coa que está pintada.
A decoración da pantalla é con motivos xeométricos.
A careta é de madeira e a pantalla de arame con cartón e tiras de papeis de cores.
BOTEIROS
EN VIANA DO BOLO
Esta é outra das máscaras dos Boteiros.
No seu rostro destaca un gran sorriso que contrasta coa cor negra coa que está pintada. Nesta máscara están moi marcados os dentes.
A decoración da pantalla é con motivos xeométricos.
A careta é de madeira e a pantalla de arame con cartón e tiras de papeis de cores.
A pantalla é moito máis grande que a careta sempre.
FOLIÓN
EN MANZANEDA
É unha máscara caseira feita con papel maché, cartón e incluso con máscaras de plástico compradas.
O elemento fundamental e o gorro con forma cónica chamado PUCHO.
Non leva motivos ornamentais, simplemente cintas para dar colorido.
IRRIO
EN CASTRO CALDELAS
Está elaborado artesanalmente con madeira.
A máscara está decorada cos rasgos típicos dun home con barba e bigote.
Non leva motivos ornamentais específicos.
Provén da imaxinería relixiosa.
MÁSCARA
EN BUXÁN NO BOLO
É unha máscara moi sinxela coronada por un gran pucho moi colorido.
O pucho vai decorado con cintas moi coloridas que poden chegar ata os nocellos cubrindo a capa do persoaxe.
Este pucho ou sombreiro cónico está coronado por un gran pompón.
MORENA
EN LAZA
É unha máscara de madeira moi traballada de forma artesanal. Os cornos son de vaca ou de boi.
Representa unha vaca que ataca aos asistentes.
Esta representación dunha vaca leva a lingua de trapo e o pelo de lá.
É unha máscara secundaria en Laza.
PANTALLA
EN XINZO DE LIMIA
Máscara moi orixinal decorada nos dous lados cun fondo de ceo azul escuro decorado con estrelas de diversos tamaños en tono amarelo.
O disfraz das Pantallas vai completado cun cinturón con cascabeis e pequenas campás que soan ao seu paso.
PANTALLA
EN XINZO DE LIMIA
Non tódalas máscaras teñen o mesmo rostro, admiten moitas variantes dentro da mesma comparsa.
Neste caso un lado está decorado cun ceo nocturno con fondo negro e pequenos luceiros dourados, unha lúa amarela en cuarto menguante e con estrelas en cores azul, branco e vermello. No outro lado o fondo e roxizo pola presenza dun gran sol laranxa.
PANTALLA
EN XINZO DE LIMIA
As máscaras están feitas con papel maché, carton e papel de periódico reciclado forrada no seu interior con fieltro e outro tecido que suaviza o contacto coa pel.
Esta máscara representa un demo traveso cuberto por un gorro decorado con motivos astrais.
PANTALLA
EN XINZO DE LIMIA
Non tódalas máscaras teñen o mesmo rostro, admiten moitas variantes dentro da mesma comparsa.
Neste caso un lado é unha estampa sideral con un fondo azul brillante e corpos celestes de diferente tamaño. No outro lado un ceo estrelado con representacións astrais.
PELIQUEIRO
EN LAZA
Esta é a máscara máis importante de Laza
Os elementos propios desta máscara son a mitra, a careta e o pompón.
Na careta destaca o naris moi pronunciado e a barba.
As mitras dos peliqueiros mostran sempre animais exóticos e salvaxes.
Nesta máscara a mitra está decorada con dous tigres pelexando sobre un fondo de ceo soleado.
PELIQUEIRO
EN LAZA
Os elementos propios desta máscara son a mitra, a careta e o pompón.
Nesta máscara a mitra está decorada cunha perdiz nun entrono natural e sobre un fondo pintado.
O disfraz de peliquiero complétase con un lucido traxe con camisa branca e garavata moi cargada de adornos con cintas e pompóns, encaixes moi traballados, calzóns curtos, medias vermellas e zapatos elegantes.
PELIQUEIRO
EN LAZA
Outra máscara de peliqueiro neste caso decorada coa silueta dun cabalo ó trote.
Xeralmente a imaxe de cada mitra a elexía a propia persoa ó encargala.
A careta é de madeira e a mitra de hoxalata. A parte de atrás da máscara é de pel de gato ou coello.
O traxe leva tamén seis chocas colgadas á cintura nun cinto de pel.
TROTEIRO
EN BANDE
O troteiro cubre o seu rostro cun pano calado de fío de perlé tecido manualmente a calceta ou ó ganchillo. A máscara remata cun sombreiro que é o que suxeita o pano.
No sombreiro leva pegado algún motivo gráfico e anacos de espello.
Ó desfilar fan soar os seus cencerros para espantar ós demonios e ós malos espíritos.
CIGARRÓN
EN VERÍN
Ò igual que a máscara do Peliqueiro os elementos propios desta máscara son a mitra, a careta e o pompón.
O disfraz de Cigarrón complétase con un traxe con camisa branca e garavata, calzóns curtos decorados con varias filas de pompóns, medias brancas caladas e zapatos elegantes.
Complétase o disfraz con seis chocas que colgan dun cinto de pel atado á cintura.
VERGALLEIRO
EN SARREAUS
É unha máscara feita con papel maché e cartón. Está coronada cunha mitra de formas angulosas da que colgan pequenos obxectos que ó chocar dan sonoridade á máscara.
Na mitra levan a cabeza dun boi.
Predominan as cores vivas con colorete nas meixelas e un gran sorriso.
FELO
EN MACEDA
É unha máscara moi parecida á do peliqueiro pero coa salvedade de que a mitra só podía ir decorada con animais e aves rapaces da serra de San Mamede.
A careta mostra unha sonrisa irónica e representa a virilidade.
A diferencia dos peliqueiros as medias dos felos son da cor negra.