1
A FLOR DE PASCUA
CEIP FRIAN TEIS

A Flor de Pascua e un dos elementos decorativos que enchen no Nadal as nosas casas, rúas e escaparates. Pero... que sabes dela?


  • De onde é orixinaria?
  • Como chegou a Europa?
  • Como debemos coidala?








  • Séguenos e coñecerás un pouco máis desta planta

    Esta planta é orixinaria de México. Este país se te fixas no mapa está situado na parte meridional de América do Norte rodeada polo Golfo de México e polo Océano Pacífico.
    Ten clima tropical, debido a súa situación xeográfica.

    Foi cultivada polos aztecas no val de Anáhuac. Os antigos poboadores coñecíana como cuetlaxóchitl, que quere dicir "flor de pétalos resistentes ao coiro".
    O seu nome científico é Euphorbia plulcherrima.

    CLASIFICACIÓN BOTÁNICA

    Phylum:
    Euphyta
    División :
    Angiospermae
    Clase:
    Dicotyledones
    Orden:
    Tricoccae
    Familia:
    Euphorbiaceae
    Género :
    Euphorbia
    Especies:
    Euphorbia pulcherrima

    Esta flor ten a particularidade de florecer no inverno mesmo nos países nórdicos.
    De todas as flores dos antigos xardíns botánicos de México é a flor de Pascua ou flor de Noiteboa a que perdura nos nosos tempos espallada polo mundo enteiro.

    Orixinariamente a planta que produce esta flor é un arbusto que pode acadar os 6 metros con grandes follas, como podemos ver na imaxe.

    O que vemos de cor vermello nesta planta non é a flor. A flor é amarela agrupada en incandescencias. As follas vermellas, máis pequenas que as verdes chámanse brácteas e protexen a verdadeira flor.

    • Técnica de cultivo






    • Precisa temperaturas bastante amplas, entre os 14ºC - 22 °C.

    • Non soporta as xeadas

    • Require boa iluminación, pero no verano non pode estar ó sol directo

    • Precisa aire en movemento

    • Regos dúas veces por semana, non pode estar enchoupada a terra


  • Recuperación






  • Cando se lle caen as brácteas non tires a planta, pódaa.

  • Despois da poda deixa de regar a planta

  • Cando en maio comece a florecer debes transplantala

  • Entre outubro e novembro debe estar a escuras durante 15 horas ao día, así conseguirás que as follas se poñan vermellas.


  • Usos






  • Empregábase para aumentar o leite das nodrizas

  • Para os coidados da pel

  • Para cataplasmas

  • Como flor ornamental


  • Ten moitos nomes pero o que lle deu fama internacional é poinsetia, nome que recibe do embaixador Roberts Poinsett que fixo que a flor saíra do seu ámbito natural e se comercializara por todo o mundo.
    Mais quen a produciu a gran escala foron varias xeracións da familia Ecke que cun bo proceso de mercadotecnia entraron en todos os nosos fogares.