PERSONAXES DO ENTROIDO
GALEGO
"O
MERDEIRO"
DE VIGO
Vigo está situado ó sur de Galicia en plena Ría de Vigo. Localiza a cidade no seguinte mapa.
Chegada a época do entroido, os mariñeiros da bisbarra de Vigo transformábanse en Merdeiros coa intención de expresar con máis forza as súas xenreiras cos labregos. Para iso acostumaban vertirse ao xeito de escabicheiros, (persoas do rural que recollían o escabiche e baleiraban os pozos-negros da cidade para abonar os seus campos), ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos máis significativos: a vara, a careta, a vasoira... Asemade gostaban de esaxerar o seu comportamento social tremendamente anárquico.
MADAMAS, GALÁNS, OS DE BRANCO, ALDEÁNS...
Cobres está situado no Concello de Vilaboa, no interior da Ría de Vigo mirando á illa de San Simón. Dúas son as localidades onde se celebra este entroido tan especial: Santa Cristina e San Adrián.
Para a veciñanza de Vilaboa, sobre todo das parroquias de Cobres, o Entroido vívese dun xeito moi especial xa que se desenvolve nestas datas unha festa de grande tradición.
O tradicional “Antroido Dos Cobres” remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración en xeración.