Rosalía de Castro
Equipo de Normalización Lingüística
CEIP Nosa Señora das Dores
Forcarei
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Queredes coñecela?
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela (A Coruña/Galicia) o 24 de febreiro de 1837.Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita, filla de pais descoñecidos.
Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón trasladándose despois coa súa nai a Santiago de Compostela.
Moi pouco se sabe da súa educación. O que si sabemos é que na escola mostrou talento para escribir poemas.Tamén lle gustaba o debuxo, a música e o a teatro.
No ano 1856 Rosalía marchou a Madrid, onde residíu, salvo algunha pequena estancia en Galicia, ata 1861. Non se coñecen as razóns polas que Rosalía se desplazou a Madrid, tal vez buscando éxito como escritora, ou como actriz. Alí coñeceu a Manuel Murguía, con quén casou en 1858.
Rosalía tivo con Manuel Murguía sete fillos e, polo traballo do seu marido, viviron entre Madrid, Extremadura, Castela e León e Castela-A Mancha.
Rosalía xamais disfrutou de boa saúde. Loitou sempre contra enfermidades, e a miúdo coa falta de cartos, viviu adicada ao seu fogar, aos seus fillos e ao sue marido, nunca aspirou á fama. Foi precisamente Manuel Murguía quen a convenceu para que publicara as súas obras.
Finou de cancro o 25 de xullo de 1885 aos coarenta e oito anos na súa casa de Padrón (A Coruña-Galicia), a cal hoxe é un museo. Todos os seus fillos morreron antes ca ela, sen poder deixar herdeiros.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde.
Compuso os seus primeiros versos á idade de 12 anos. Aos 17 anos xa era coñecida no "Liceo de la Juventud",lugar de encontro de intelectuais galegos.Alí coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
Un ano despois de chegar a Madrid, Rosalía publicou un libriño de poesías escrito en lingua castelá que recibiu o título de "La flor".
Parece que foi en Castela, xa casada con Manuel Murguía, onde Rosalía escribiu os seus primeiros poemas en galego (un deles "Adiós, ríos; adiós, fontes").
En castelá escribiu o libro de poema "A mi madre" e as novelas "El caballero de las botas azules" e "La hija del mar". Pero a súa obra maestra en castelá é " En las Orillas del Sar".
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, publicado polo seu marido, Manuel Murguía sen o permiso da súa muller.Cantares gallegos constitúe o primeiro libro impreso escrito en galego nunha época na que a lingua galega non se empregaba coma lingua escrita ademais de que, Rosalía é a única escritora galega do século XIX.
Nos poemas recollidos neste libro , Rosalía quixo:
- Cantar as belezas da terra galega.
- Dar a coñecer costumes e tradicións galegas.
- Cambiar a idea que en España se tiña de Galicia.
- Dignificar o idioma e demostrar que o galego é unha lingua apta para a creación literaria.
En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concibiuse como unha continuación de Cantares gallegos pero a maioría dos poemas presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais.
En Rosalía atopamos a unha muller forte, decidida, moi consciente das dificultades que para unha muller do século XIX supuña o oficio de escritora, nunha sociedade onde o labor intelectual estaba reservada unicamente aos homes.
Preséntase como defensora dos débiles, das mulleres e homes explotados, de "Galicia mesma, a quen xeralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sexa o máis fermoso e dino de loubanza".
Asume ese compromiso empregando a lingua marxinada durante séculos, a lingua que usaban aqueles que, moitas veces analfabetos, foron os auténticos protagonistas e destinatarios da meirande parte dos seus versos.
A Comunidade Autónoma de Galicia ten catro provincias.
España está dividida en 17 comunidades autónomas, incluíndo dúas cidades autónomas(Ceuta e Melilla).
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Fragmento Cantares gallegos
Este lim foi creado con imaxes extraídas da Wikipedia, todas elas con licencia Creative Commons.
A música ( La Runa interpretada por La Gueta) ten tamén licencia Creative Commons.