1
DIA DAS ESCRITORAS
19 DE OUTUBRO DE 2020

O Día das Escritoras
A data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".



19 DE OUTUBRO

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas Dende 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.






Malala Yousafzai (en paxto: ملاله یوسفزۍ,[1] e en urdú: ملالہ یوسف زئی Malālah Yūsafzay), nada o 12 de xullo de 1997, é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa mais nova en recibir un Premio Nobel en calquera categorيa.[3] coñecida pola sua defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ao colexio. A loita de Yousafzai converteuse dende entَn nun movemento internacional.


Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.

Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

María Luz Morales Godoy, nada na Coruña en 1898 e finada en Barcelona en 1980, foi unha xornalista e escritora galega do século XX. É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional[1].

Despois da guerra civil española foi desactivada das dúas ocupacións polo réxime de Franco, e despois do regreso da democracia continuou a súa actividade, traballando co Diario de Barcelona, ata a súa morte aos 91 anos de idade.

Sofía Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofia Casanova, nada na Coruña[1] o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958, foi unha actriz de teatro, poetisa, novelista e xornalista galega moi prolífica.
Durante a súa mocidade adicouse a interpretación, chegando a formar parte do Teatro Español e e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional. Nestes anos frecuentou os círculos literarios de Madrid, onde se iniciou na poesía. Logo do seu casamento co diplomático e intelectual polaco Wincenty Lutosławski viviu en Moscova, Londres e Polonia, ademais das tempadas que pasaba en Madrid ou na súa casa de Mera.
Escribiu poesía, novela e teatro e tamén traduciu diversas obras do polonés e ruso ao castelán. Foi nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926. Porén, foi máis coñecida polas súas crónicas e escritos xornalísticos. Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e a segunda española correspondente de guerra.[2] Sofía Casanova viviu de primeira man as dúas guerras mundiais e a caída do zarismo. Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Traballou como correspondente do diario ABC e os seus escritos apareceron en publicacións como El Ideal Gallego, Revista Gallega, Galicia Moderna, El Eco de Galicia e Ilustración Gallega. Destacan nesta faceta xornalística a súa entrevista a Lev Trotski e a crónica da morte de Rasputín.
Foi membro correspondente dende os inicios da Real Academia Galega e en 1952 foi nomeada membro de honra da mesma.
Os esforzos na recuperación desta figura nas últimas décadas non están exentos de polémica, debido ás conviccións conservadoras de Sofía Casanova.



FIN