1
PROXECTO ESPAZO
MISIÓN 3

O SISTEMA SOLAR É ONDE SE ATOPA O NOSO PLANETA TERRA.

CHÁMASE ASÍ PORQUE OS OBXECTOS ESPACIAIS QUE O COMPOÑEN ORBITAN ARREDOR DO SOL.

ESTÁ FORMADO POR:
- 8 PLANETAS (MERCURIO, VENUS, A TERRA, MARTE, XÚPITER, SATURNO, URANO E NEPTUNO)
- MÁIS DE 180 LÚAS
- E MILLÓNS DE CORPOS CELESTES

A ROTACIÓN É O XIRO QUE OS PLANETAS FAN SOBRE SI MESMOS.

CHÁMASE DÍA E NA TERRA DURA 24 HORAS

A TRASLACIÓN É O XIRO QUE FAN OS CORPOS CELESTES ARREDOR DO SOL.

CHAMÁMOSLLE ANO, E NA TERRA DURA 365 DÍAS.

DURANTE ESE TEMPO SUCÉDENSE AS ESTACIÓNS, QUE SON PRIMAVERA, VERÁN, OUTONO E..., CAL FALTA?

A GRAVIDADE É UNHA FORZA OU ENERXÍA POLA CAL UN OBXECTO OU UN PLANETA ATRAE A OUTROS CARA AO SEU CENTRO.

ESTA FORZA PERMITE QUE TODOS OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR SE MANTEÑAN NA ÓRBITA ARREDOR DO SOL.

A GRAVIDADE DA TERRA FAI QUE AS PERSOAS SE MANTEÑAN NO CHAN E QUE AO LANZAR UN OBXECTO ÉSTE CAIA A TERRA

UNHA SONDA ESPACIAL É UN INSTRUMENTO ARTIFICIAL QUE SE ENVÍA AO ESPAZO PARA PODER ESTUDAR OS DIFERENTES CORPOS DO SISTEMA SOLAR.

ESTUDIAN PLANETAS, SATÉLITES, ASTEROIDES OU COMETAS