1
Obradoiro LIM

A QUE SABE A LÚA é un conto no que aparecen unha chea de animais que se organizan para chegar a coñecer o sabor da lúa.

  • PLANETAS


    Os planetas son corpos celestes que non teñen luz propia. Necesitan a luz de corpos celestes incandescentes como o Sol.

    No Sistema Solar hai 8 planetas: Mercurio, Venus, Xúpiter, Marte, Terra, Saturno, Urano e Neptuno.


  • SATÉLITES


    O satélites son corpos celestes, obxectos que xiran ao redor de planetas moito máis grandes ca eles.

    Existen satélites naturais e artificiais. Os artificiais son os construidos polo home, e polo tanto, pode modificarse a súa traxectoria. Aos satélites dos planetas principais, chámaselle lúas, por asociación co nome do satélite natural da Terra.


  • COMETAS


    Os cometas son corpos fráxiles e pequenos, de forma irregular,formados por unha mestura de substancias duras e gases conxelados.

    Un cometa consta dun núcleo, de xeo e rocha, rodeado dunha atmósfera nebulosa chamada cabeleira ou coma.


  • METEORITO


    A palabra meteorito significa fenómeno do ceo e describe a luz que se produce cando un fragmento de materia extraterrestre entre na atmósfera da Terra e se desintegra.

    A palabra METEOROIDE aplícase á propia partícula, sen facer referencia ao fenómeno que se produce cando entra na atmósfera.

    Hai moitísimos meteoroides e poucos meteoritos.


  • ESTRELAS


    Unha estrela é todo obxecto astronómico que brilla con luz propia. Atópanse no espazo e é inevitable que nos fixemos neslas, posto que son puntiños que brillan.

    As estrelas son mases de gases, principalmente hidróxeno e helio, que emiten luz. Atópanse a temperaturas moi elevadas. No seu interior hai reaccións nucleares.

    O Sol é unha estrela.


Á hora de xantar atopamos platos tan apetecibles como este foguete espacial.
Con alimentos podemos facer composicións fantásticas: o sol é unha roda de laranxa, o foguete ten lume de amorodos e corpo de pan.

Pero... poderías decir exactametne cantas estrelas hai no prato?