1
LUCES, CÁMARA...ACCIÓN
O CINE

O CINE

Imaxinas que non existira o cine?
Pois non hai tanto que pasaba. O cine é un invento recente. Ten pouco máis dun século. É moi pouco na historia da humanidade.



A historia do cine comeza en 1895. Ese ano os irmáns Louis e Auguste Lumière fixeron por primeira vez unha proxección pública de imaxes en movemento.




O ser humano tivo desde sempre a necesidade de expresarse mediante imaxes.
Fíxate nesta pintura prehistórica. Un bisonte de oito patas! Crese que o artista pintouno así para dar sensación de movemento ao ser iluminado con antorchas.
Os avances nos coñecementos e nas técnicas fixeron que despois dunha lenta evolución se chegara ao cine.










A invención do cine chegou ao remate dun longo proceso de experimentos e avances técnicos e científicos.
Antes do cinematógrafo moitos inventores crearon aparatos para producir imaxes en movemento.
Un deles é o zoótropo, que apareceu a mediados do século XIX. Foi un xoguete moi popular na súa época.
Ao facer xirar o cilindro e mirar polas regañas, dá a ilusión óptica de que a figura se move.







O quinetoscopio foi un aparato previo ao proxector cinematográfico inventado ao final da década de 1880 por Thomas Edison e o seu axudante William Dickson.
Era unha caixa de madeira vertical cunha serie de bobinas sobre as que se movía a película que había que ver individualmente.
Salas de quinetoscopio, que funcionaban cunha moeda, apareceron en New York a finais de 1890.


Inspirándose no quinetoscopio e noutros descubrimentos da época, or irmáns Lumière crearon o cinematógrafo ao final do século XIX..
O cinematógrafo é unha máquina que pode filmar e proxectar imaxes en movemento.
O 28 de decembro de 1895 realizaron a primeira exhibición pública nun café de París. Esta presentación consistiu na proxección dunha serie de imaxes documentais que recollían, por exemplo, a chegada dun tren e a saída de obreiros dunha fábrica. En pouco tempo fíxose moi popular.













Nos primeiros momentos o cine non tiña son porque a tecnoloxía non avanzara o suficiente.
As películas trataban de momentos da vida cotiá, a vida familiar ou laboral.
Un dos actores máis populares desa época foi Charles Chaplin.


Cartel dunha das primeiras películas sonoras, O cantante de jazz. Estreouse no ano 1927.

No cine de animación en lugar de rodar imaxes reais utilízanse debuxos, modelos, marionetas, fotografías...e na actualidade tamén a animación por ordenador.
A primeira curtametraxe sonora de debuxos animados titúlase Willy e o barco de vapor. Estreouse en 1928 e aparece o famoso personaxe Mickey Mouse.


Brancaneves e os sete ananiños foi a primeira película producida por Walt Disney. Estreouse en 1937 cando xa comezara o cine en color.

Tradicionalmente as películas distribuíanse en rollos que eran grandes e pesados, tamén caros e delicados.
Nas salas de cine colocábanse nun proxector para reproducilas.

A primeira gran produción cinematográfica con cámara dixital foi o episodio II da Guera das Galaxias, no 2002.
A partir de entón as películas empezaron a rodarse en formato dixital.