1
LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

LETRAS GALEGAS 2021
XELA ARIAS

EDLG CEIP ROSALÍA DE CASTRO
(O GROVE)

O 17 de maio celébrase en Galicia
o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Cada ano dedícaselle este día
a unha persoa que escribe en galego
e traballa a favor da nosa cultura
e o noso idioma.

ROSALÍA DE CASTRO
foi a primeira escritora
á que lle dedicaron
o Día das Letras Galegas,
o 17 de maio de 1963.

Escolleuse a data do 17 de maio
porque o 17 de maio de 1863,
publicouse en Vigo o 1º exemplar
de "Cantares Gallegos",
de Rosalía de Castro.







Este ano a autora homenaxeada
o Día das Letras Galegas
é XELA ARIAS CASTAÑO.

Xela naceu o 4 de marzo de 1962
en Sarria, provincia de Lugo,
onde seu pai era mestre de primaria.

Foi inscrita co nome de Mª de los Angeles,
porque daquela non se podían
inscribir nomes en galego.
En 1984 consegue o dereito
a chamarse Xela, como a coñecían todos.

Os primeiros anos da súa infancia
vive en Sarria. Despois vive en Lugo,
e máis tarde en Vigo.






Co conto "A fraga dos paxaros faladores
e a fraga leopardicia"
gañou o VI Concurso de contos Infantís
de O Facho, da Coruña.

Xela Arias foi poeta, tradutora e profesora
de Lingua e Literatura Castelá en
secundaria.

Algúns títulos da súa obra poética son:
-Denuncia do equilibrio.
-Tigres como cabalos.
- Intempériome.
-Darío a diario
Este último libro está dedicado ao seu fillo Darío.

Tamén traduciu ao galego obras
en portugués, italiano, francés,
castelán, inglés... como:
- As bruxas (Roald Dalh).
-Contos ao Teléfono (Gianni Rodari).
-O Gato Gaiado e a Andoriña Señá (Jorge Amado).
-O bosque animado (Wescenslao Fernández Flórez)
-Drácula (Bram Stoker)








Cando tiña 11 anos gañou un concurso
de contos infantís.
O título do seu conto era:
"A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES
E A FRAGA LEOPARDICIA"

Unha fraga é unha extensión de monte,
polo xeral illado e de difícil acceso,
poboado de distintas especies de folla caduca,
herbas, mofos, fentos e liques
e na que convive unha gran diversidade de fauna.
Tamén adoitan ter ríos e regatos.

En Galicia temos as Fragas do Eume
na provincia de A Coruña.
O bosque atópase nun val pechado e profundo,
polo que transcorre o río Eume.
Tamén hai un elemento cultural de interese:
o Mosteiro de Caaveiro,
un edificio medieval do século X.





XELA ARIAS FOI POETA, TRADUTORA E MESTRA.

OS SEUS LIBROS DE POEMAS
MÁIS COÑECIDOS SON:
-DENUNCIA DO EQUILIBRIO
-INTEMPÉRIOME
-TIGRES COMA CABALOS
- DARÍO A DIARIO
Este último dedicoullo ao seu fillo Darío.

TRADUCIU AO GALEGO MOITOS LIBROS:
-AS BRUXAS (Roald Dalh)
- CONTOS AO TELÉFONO (Gianni Rodari)
-O GATO GAIADO E A ANDORIÑA SEÑÁ (Jorge Amado)
- O BOSQUE ANIMADO (Wenceslao Fernández Flórez)
- DRÁCULA (Bram Stoker)