1
SISTEMA SOLAR

A Vía Láctea é unha galaxia en forma de espiral onde se atopa o Sistema Solar.
Unha galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, polvo cósmico, materia escura e enerxía, unidos nunha estrutura máis ou menos definida.
O Sistema Solar está formado por unha estrela: o Sol, oito planetas cos seus correspondentes satélites, varios planetas ananos e unha gran cantidade de corpos celestes, chamados así porque non son nin planetas ananos nin satélites.
Os planetas polo tanto poden ser: terrestres (aqueles que teñen superficie sólida: Mercurio, Venus, Terra e Marte), jovianos (os que son gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno) e ananos (entre os que se atopa Plutón, Ceres, Makemake, Eris e Haumea).

O Sol é unha estrela que se atopa no centro do Sistema Solar.
É unha esfera case perfecta formada por hidróxeno, helio, ademais de osíxeno, carbono, neón e ferro.
Formouse aproximadamente fai 4500 millóns de anos; segundo diversos cálculos suponse que terá vida uns 7500 millón de anos máis. Representa o 99,86% da masa total do Sistema Solar.
A súa luz recorre case 150 millóns de Kilómetros en 8 minutos e 20 segundos.
A súa enerxía é a que mantén a vida na Terra, determina o clima e a meteoroloxía.

Mercurio é o planeta máis pequeno e cercano ao Sol. Forma parte dos planetas interiores, denominados así pola súa formación rochosa. Posúe moitos cráteres, debido a incidencia dos meteoritos na súperficie, moitos deles moi erosionados debido quizais aos grandes cambios de temperatura, que nun día normal poden oscilar entre os 350ºC de día e os -170ºC de noite.
Non ten satélites.
A súa órbita é elíptica, a máis excéntrica e tarda 88 días terrestres en dar unha volta completa arredor do Sol.

Venus é o segundo planeta máis próximo ao Sol, e o sexto en tamaño, ordenados de maior a menor.
Ten unha composición similar á Terra, polo tanto é rochoso e sólido. A súa órbita arredor ao Sol tamén é elíptica pero con menor excentricidade. Xira de este a oeste.
Posúe a atmosfera máis quente do Sistema Solar, debido a que está formada por gases de efecto invernadoiro.
Carece de auga líquida e as condicións na superficie son incompatibles coa vida.
Non ten satélites naturais.
A súa órbita é dextroxira, isto quere dicir que xira en sentido contrario a como o fan os demais planetas.
Tarda 243 días terrestres en dar unha volta arredor do Sol.

A Terra é o terceiro planeta máis próximo ao Sol, e o quinto maior dos que forman o Sistema Solar. Ten forma de esfera achatada nos polos. Igual que os anteriores é rochoso e sólido.
Formouse hai uns 4550 millóns de anos e a vida xurdíu uns mil millóns de anos despois. Aproximadamente o 70% da superficie está cuberta de auga, por iso se lle chama Planeta Azul.
Tarda 365,26 días en dar unha volta arredor do Sol (movemento de traslación), que orixina as estacións do ano, e 24h en dar unha volta sobre sí mesma (movemento de rotación) que orixina os días e as noites.

A Lúa é o seu satélite natural; tarda 24h en dar unha volta á Terra, o mesmo que en rotar sobre sí mesma, de aí que sempre lle vexamos a mesma cara.
A atracción que se produce entre a Terra e a Lúa causa as mareas.

Marte é o cuarto planeta en distancia ao Sol e o segundo máis pequeno despois de Mercurio. Ao igual que os anteriores a súa superficie é sólida, formada principalmente por óxido de ferro, o que lle da unha cor vermella característica, que lle proporciona o nome de "Planeta Rojo".
En Marte non pode existir auga en estado líquido debido á baixa presión atmosférica.
Ten dous pequenos satélites de forma irregular: Fobos e Deimos.
Tarda 1 ano, 321 días e 7 horas terrestres en dar unha volta arredor do Sol.

Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos chamados planetas exteriores ou gasosos, é dicir, a súa superficie non é sólida coma nos anteriores, está formada por helio e hidróxeno (gases).
É o maior corpo celeste do Sistema Solar despois do Sol e tamén o máis antigo.
Ten moitos satélites moi distintos entre sí. Os principais son: Ío, Europa, Ganímedes e Calisto.
Tamén ten un sistema de aneis, formados principalmente de pó, que son pouco visibles.






Saturno é o sexto planeta do Sistema Solar, o segundo en tamaño e o único cun sistema de aneis compostos principalmente por partículas de pó e xeo, visibles dende a Terra.
Forma parte dos chamados planetas exteriores ou gasosos, principalmete hidróxeno e en menor cantidade helio.
Saturno ten moitos satélites. Os máis grandes son: Mimas, Encélado, Tetis, Dione, Rea, Titán, Hiperión, Jápeto e Febe.
Saturno destaca pola lentitude coa que se move orbitando arredor do Sol. Tarda case 30 anos terrestes en completar unha volta.

Urano é o sétimo planeta do Sistema Solar, e o tercero de maior tamaño.
A súa superficie gasosa está formada por xeo, amoníaco e metano, que fan que a súa atmosfera sexa a máis fría do Sistema Solar (-224ºC), e polo tanto incompatible coa vida.
A súa órbita é perpendicular á dos demais planetas, que é de este a oeste, é dicir en sentido contrario aos outros, agás Venus que xira coma él.
Urano é o máis lento dos planetas,tarda 84 anos terrestres en dar unha volta arredor do Sol.
Tamén ten 13 aneis pouco visibles e 27 satélites naturais, dos que os cinco principais son: Miranda, Ariel, Umbriel, Titania e Oberón.

Neptuno é o planeta máis afastado do Sol.
Forma parte dos denominados planetas exteriores ou xigantes gasosos, formados principalmente por xeo, amoníaco e metano.
Posúe un sistema de aneis delgados, pouco visibles, formados por partículas de xeo e silicatos.
A súa temperatura na superficie é de -218 °C, aínda que no seu interior posúe unha fonte interna de calor que irradia ao espacio.
Conócenselle varios satélites, entre eles:Tritón, Nereida, Náyade, Talasa, Despina, Galatea, Larisa, Proteo, Halímedes, Sao, Laomedeia, Psámate e Neso.
Como é o planeta máis alonxado do Sol, tamén tarda máis tempo en dar unha volta, case 165 anos terrestes.